O Concerto Urxente foi onte sábado, non "hoxe" domingo, como podedes ler na cabeceira se accededes á páxina antes de determinada hora. O servidor que aloxa a páxina ten a hora (¡e a data!) equivocadas por 24 horas e 10 minutos. Os responsables están avisados e supoñemos que resolverán pronto ...
Ler máis
Este domingo, ás 18:00 h, o pallaso Totó tamén celebrará unha actuación para nenos.
Ler máis
Este sábado temos música contra a marea negra. Tiro na testa, Skacha e Soak tocarán a partir das 22:00 h para recadar fondos cos que mercar material para os mariñeiros e voluntarios que están a limpar a ría. ¡Non faltes!
Ler máis
A marea negra xa está en Bueu. O foro Marea negra acaba de abrir.
Ler máis
Zé Maria e Rahima volven esta tarde-noite. Os músicos da peregrinação despediranse nunha actuación informal. A entrada será de balde.
Ler máis
O vindeiro domingo visítanos Ze Maria, Rahima & Friends, unha banda de afro-classical-jazz proveniente de Mozambique e que contará co acompañamento dos músicos Suso Alonso e Carlos Ariel, que xa tivemos o pracer de disfrutar na actuación de Lili Berlín do 13 de outubro.
Ler máis
O vindeiro domingo 17 visítannos os hardcoreiros Korrosiva e o punk-rock dos moañeses Farrapo de Ghaitax. ¿Non queres caña? Dúas cuncas.
Ler máis
Dende Lugo chega o son do sexteto The Groovefathers. Escóitaos este domingo, día 3, sen saír de Bueu.
Ler máis
Continúa a programación do Atu co cabaret alemán do dúo Lily Berlín para este domingo día 13, unha nova visita de Edu Bighands & Whiskey Tren o 20, e a música tabernaria/cavernaria da Viñalar Fantastic Band para o último domingo de mes.
Ler máis
A veterana banda de rock presentaranos este domingo ás 10 da noite o seu último traballo, Speedkings. O prezo da entrada é de 6 euros.
Ler máis