Novas

Noite de afro-jazz

21 de novembro de 2002

O vindeiro domingo visítanos Ze Maria, Rahima & Friends, unha banda de afro-classical-jazz proveniente de Mozambique e que contará co acompañamento dos músicos Suso Alonso e Carlos Ariel, que xa tivemos o pracer de disfrutar na actuación de Lili Berlín do 13 de outubro.

Ler máis

Dobre caña dominical

14 de novembro de 2002

O vindeiro domingo 17 visítannos os hardcoreiros Korrosiva e o punk-rock dos moañeses Farrapo de Ghaitax. ¿Non queres caña? Dúas cuncas.

Ler máis

O jazz-funk abre o mes

31 de outubro de 2002

Dende Lugo chega o son do sexteto The Groovefathers. Escóitaos este domingo, día 3, sen saír de Bueu.

Ler máis

Máis actuacións para outubro

10 de outubro de 2002

Continúa a programación do Atu co cabaret alemán do dúo Lily Berlín para este domingo día 13, unha nova visita de Edu Bighands & Whiskey Tren o 20, e a música tabernaria/cavernaria da Viñalar Fantastic Band para o último domingo de mes.

Ler máis

Os Sex Museum visitan o Aturuxo

3 de outubro de 2002

A veterana banda de rock presentaranos este domingo ás 10 da noite o seu último traballo, Speedkings. O prezo da entrada é de 6 euros.

Ler máis

Volve a tempada de concertos

26 de setembro de 2002

No Aturuxo retomamos as actuacións en directo coa visita de Karbon 14, unha banda cañeira de León que recoñece influencias de grupos coma Korn, Limp Bizkit ou Nirvana.

Ler máis

Cachomundo visítanos de novo

28 de xuño de 2002

O grupo barcelonés, que xa visitou o Aturuxo o pasado mes de outubro, tráenos mañá, domingo 30, o seu rock mestizo. A partir das 22:00 e cunha entrada de 4 euros.

Ler máis

Tango e clown para os vindeiros días

5 de xuño de 2002

Este domingo 9 de xuño contaremos coa actuación de Tango dos en uno, un... dúo de voz e guitarra de... tango. Á hora de sempre e por 4,50.

O espectáculo de clown Cousas de Mulleres visítanos o vindeiro venres 14.

¡E non esquezades a Paraphernalia, o 16!

Ler máis

Vémonos en Meiro

31 de maio de 2002

Esta noite o Aturuxo pechará para asistirmos ó Rural Rock 2002. A partir das 22:00h disfrutaremos coa música de Fiandola, Kontrairo, Al Son e Commando 9 mm.

Unha mensaxe no foro explícanos algo máis destes grupos.

Ler máis