Novas

Exposición fotográfica: Crónica Novo-visual Extremúsica 2009

4 de xuño de 2009

Como sabedes, os Trouleiros somos uns cús inquedos, e sempre andamos arjallando como aprender a facelo mellor, e un dos lugares mais axeitados foi o Extremusika 2009, onde non paramos de darnos a coñecer, de mirar, de falar con uns, de falar con outros…

Calquera crónica quedaríase curta. Coa axuda de Novo, un dos amigos que fixemos nesta expedición, vos presentamos unha selección de imaxes que pretenden dar testemuña de que ali sucedeu. A troula, as emocións, a choiva, a música…

A prejunta do millón e: ¿Quén é ese Novo? Pois un lugués de nacemento (Meira) e “picheleiro” de residencia, que despois de vivir en Madrid durante 10 anos volta a terra fai xa 18. Ainda que adicado a informática, nunca deixa de lado as suas verdadeiras pasións: a fotografia e o Rock and Roll.

Un "Mozo" de 44, e 5… non, e 6.... bueno, e pico de anos , que fai uns 6 e logo de ir os concertos coa sua cámara analóxica... apuntouse o mundo da foto dixital, e a percorrer os camiños de concertos e festivais, dende o Jazz de San Javier, as músicas do mundo de "Mar de Músicas" de Cartagena, Azkena, Derramerock en Pravia, Paredes de Coura, Vilardemouros, Mares Vivas, SWR Metal Fest, Oeiras, Extremusika ..... e a maioría dos que se celebran no noso Pais (Festival do Norte -Resurrection, Castelo Rock, Lolapop, Cultura Quente, Inferno, Ortigueira, Reperkusion ..etc), e a maioria de Concertos nas Salas de Compostela ( Nasa, Capitol, Multiusos…).

Novo mostra nas suas fotos, máis que as actuacions dos grupos, a resposta, actitude e sensacións da xente que participa, colabora ou disfruta dos concertos... reflexar o público e o ambiente.

A alianza entre Novo e Troula na Banda, con estes precedentes, non se fixo esperar, e achegamosvos coa axuda do Aturuxo as imaxes dun dos mellores Festivais da Peninsula: o Extremusika 2009.

Na sua páxina web www.musicaratonera.com podedes atopar una recopilación de todo ese traballo. Tamen podes visitar a nosa web, en www.troulanabanda.info na que atoparedes info deste e de outros festivais e concertos os que asistamos.

Troula na Banda coa musica.