Novas

Problemas coa páxina

28 de agosto de 2003

Dende hai uns días resulta imposible acceder ás páxinas secundarias do sitio. En realidade, estas páxinas están aí e funcionan; o que está a dar problemas é unha parte da configuración que controla a transformación das direccións das páxinas.

Por exemplo, "/foro/1" convértese en "/foro.php?f=1". Esta última dirección funciona correctamente; o malo é que todas as páxinas son referidas do primeiro xeito.

Xunto coa empresa responsable do aloxamento estamos intentando averiguar a causa deste erro que, polo que semella, non deriva de ningún cambio na configuración pola nosa parte. Mentres tanto, desculpade as molestias. Gracias.