Novas

Lindy Hop no Aturuxo

23 de novembro de 2012

LINDY HOP NOVEMBRO / DECEMBRO

Estamos a finais dos anos vinte no corazón de Harlem, no clube Savoy Ballroom as bandas interpretan os ritmos sincopados e as caóticas melodias do jazz, do swing e do charleston. Nun canto, á dereita do escenario un grupo de persoas bailan e bailan e bailan como se non existise mañán, contaxiando toda a súa enerxía a todos os que alí están. A xente copia pasos que ve, modifícaos e inventa outros novos ata que nace o que se chamou Lindy Hop -que nós coñecemos como os bailes tolos das películas antigas-.

80 anos máis tarde, estanse a preparar no Aturuxo Bar (Bueu) algúns eventos para recuperar o espírito da Era do Swing!

Programación

Obradoiros de balde:

Luns 26 de Novembro ás 20.30

Sábado 1 de Decembro ás 11.30

Festa Anos 30

Sábado 8 de Decembro a partir da media noite.

Poderase disfrutar de boa música da época, e se queres, dar algún pasiño a ritmo dos grandes temas das Big Bands.

Clases:

Para quen queira aprender un pouco máis a fondo a bailar Lindy Hop haberá dous horarios posíbeis.

Luns de 20.30 a 22, con inicio o 10 de Decembro

Sábado de 11.30 a 13, con inicio o 15 de Decembro

O prezo das clases é de 5€ durante o mes de Decembro e 15€ / mes a partir de Xaneiro.

Mais información:

lindyhopbueu@gmail.com Tfno: 625581931

http://www.facebook.com/lindyhopbueu

http://www.lindyhopbueu.wordpress.com