Novas

Hoxe concerto de Riobó

21 de xuño de 2012

Riobó, intérprete da tradición galega, preséntase no Aturuxo

O 21 de xuño de 2012 celébrase ao grande o Día Europeo da Música. Esta festa da música ten como obxectivo motivar os músicos afeccionados de Europa e o mundo para que voluntariamente saian a tocar ás rúas. Ademais, organizar concertos gratuítos onde o público poida gozar dos seus artistas preferidos.

A sala Aturuxo caracterízase por presentar no seu escenario bandas, grupos e artistas de diferentes estilos e orixes, reinando sempre a
boa música entre eles. Nesta ocasión, non quixemos ser a excepción, polo que para o Día Europeo da Música, a sala Aturuxo comprácese en presentar un grupo que se destaca en toda a comunidade de Galicia pola súa destreza ao interpretar melodías de tradición galega: Riobó.

O grupo pertence a Begoña Riobó quen é, actualmente, a violinista con maior proxección do panorama musical galego. Esta talentosa muller formou parte das bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane, Anxo Lorenzo ou Sondeseu. Begoña, é recoñecida por ser a primeira violinista folk galega en liderar o seu propio proxecto musical.

En Riobó, Begoña non está soa, pois a acompañan catro músicos cunha gran traxectoria en Galicia. Son Fernando Barraso (guitarra), Marcos Campos (gaita, arcodeón e frautas), Xosé Liz (bouzouki) e Fernando Pérez (frautas e requinta). En conxunto lograron o seu primeiro traballo discográfico titulado Riobó' onde se pode gozar de temas que namoran a alma, por exemplo, foliada, mallador, San campio,etc

A paixón e enteireza con que Begoña Riobó toca o violín, ao igual que o empeño dos demais integrantes ao interpretar unha das súas pezas, fan que cada concerto estea cheo de emocións arraigadas á nosa tradición. Iso é, xustamente, o que viviremos este 21 de xuño de 2012 no Aturuxo. Riobó, coa súa música tradicional encamiñaranos a redescubrir a nosa terra ao escoitar sons que nos definen como galegos.

                                                                     Humberto Adams