Novas

Exposición de Vinilos no Aturuxo. Febreiro e Marzo.

10 de febreiro de 2012

MÚSICAS PARA ESCAPAR DA FIN DO MUNDO

Os MAYAS xa se adiantaron as axencias de Rating e calificación financieira, e a través dunha pedra perdida no grosor da selva foron quen de predecir que no 2012 o mundo tal como o coñecemos vai desaparecer. O longo da historia, dende a revoluciòn industrial en diante o home non foi capaz de fagocitar as súas ansias de riqueza e foi mudando a natureza das cousas o seu antoxo, sen reparar en gastos e consecuencias, sempre guiado por un espíritu de riqueza que o único que acadou foi o medrar duns poucos a conta de empobrecer a uns moitos, ….seguramente demasiados.

Dende o Aturuxo propoñemos a música coma táboa de salvaciòn dun mundo que apodrece e pisa o acelerador cara a súa autodestrucciòn. “Apocalipticos pero integrados!” e o berro que se escoita nos recunchos do Rock n`Roll. A música retorna para iluminar a saída deste buraco no que nos meteron, igual que a luz atrae sen remedio as polillas para logo incendiar os seus corpos nunha mestura de dor e éxtase total, nos queremos convocar a través dos diferentes estilos musicais un berro de impotencia. Buscamos unha banda sonora acorde cos tempos nos que vivimos, o rock, o jazz, a canción protesta…todos foron estilos musicais que se erexiron coma modelo de cambio estructural. A música sempre foi a punta de lanza dos movementos sociais mais importantes do século XX.

A Exposición “ 30 Discos contra a Fin do Mundo” propón unha escolma subxetiva de 30 vinilos cos que afrontar o estalido final, o Apocalipsis…se somos capaces de descifrar as mensaxes ocultas que viaxan escondidas nos surcos destes elepes quizais teñamos unha última oportunidade, non fai falla xirar os discos o revés para escoitar mensaxes apocalipticas o que debemos facer é poñelos ó dereito, subir o volume e abrir ben as orellas, os tambores están soando, a calma misteriosa da xungla vai saltar polo aire, a revolta está en marcha….