Novas

Jam Sesión este domingo 15 xaneiro

13 de xaneiro de 2012

JAM DE ANINOVO NO ATURUXO O domingo 15 a partires das 20h celebrarase na sala Aturuxo de Bueu unha jam sesión, como ven sendo habitual nos últimos comezos de ano, á que están convidados a participar todos os músicos que así o desexen independentemente do estilo musical que practiquen: rock, jazz, blues, experimental, funky, folk, etc. Abrirá a jam un grupo de músicos locais que interpretarán unha serie de temas de gran contido improvisatorio e espontáneo sobre “grooves” de distintos estilos, e que estará formado por: ALEX LORENZO “MASTER”: Baixo eléctrico FERNANDO FERNÁNDEZ “NENÉ”: Batería CHEMA VÁZQUEZ: Guitarra eléctrica JOSE RAMÓN ROCHA: Violonchelo MARC GONZÁLEZ “FRENCHI”: Teclados Todos músicos participantes estarán convidados ademáis a disfrutar dun aperitivo no backstage do local.