Novas

Etxe (Pop/Rock, Euskadi) Venres 25 Nov. no Aturuxo Bueu

24 de novembro de 2011

Etxe (Iñaki Etxezarraga, Berriz, 24 de maio de 1984) comezou a súa carreira musical en 2005 auto-editándose a súa primeira maqueta “Zatoz nirekin”. Etxe mostraba maneiras e soubo facerse un oco na escena musical de Euskal Herria. A voz grave e grosa de Etxe entrou con moita naturalidade no noso panorama musical, e a súa proposta resultou atractiva. En 2007 chegou o seu primeiro disco, facendo camiño como indicaba no título “Bidea eginez”. Etxe volve de novo co seu segundo disco “Heldu Eskutik” e quere que lle acompañemos. Etxe: voz e guitarra Iban Gurrutxaga: guitarra

http://www.myspace.com/etxemusika