Novas

Zenet, sábado 9 no Aturuxo presentándonos o seu novo disco "Todas las Calles"

4 de xullo de 2011

Zenet volta a Galicia para presentar o seu novo disco “Todas las Calles” acompañado polo guitarrista Jose Taboada.

En 2010 chega “Todas las calles” dez filmes sonoros nos que o protagonista – un truán con extraordinario parecido a Toni Zenet – coquetea, ama e sufre polos cantóns dunha cidade que ten tanto de Madrid como da súa Málaga natal, París, Bos Aires, Nueva York, La Habana ou Río de Janeiro… segundo os ventos o leven a un ou outro lado. “No tenemos vergüenza ni pudor para empezar un tema con bossa nova, pasar por el tango y acabar en la salsa cubana. Lo importante es que sea haga con naturalidad. Y con respeto, claro”, aclara Zenet.

http://www.myspace.com/losmaresdechina