Novas

Ith + Height Shock este domingo 17 no Aturuxo ás 21h00

17 de abril de 2011

Ith é un príncipe celta que dá nome ao grupo que forman Miguel, Toxo, Folgueira,Rita, Pablo e Thais. Este grupo de Xanceda e arredores, que mantén o principio de facer rock galego e en galego, conta con máis de 13 anos de traxectoria musical, con tres maquetas no seu palmarés e con numerosas actuacións en directo pola nosa xeografía. Guíanse polas influencias de bandas diversas do rock, do heavy ou do pop, influencias de cada un dos seus compoñentes, que se aglutinan nos seus temas de composición propia. A música que fan é de estilo rock pero con influencias de novas tendencias. Todo o seu repertorio está formado por cancións propias e en galego.

http://www.myspace.com/ithrock

Height Shock nace no verán de 2006 como banda de hard rock no baixo dunha casa apartada, ás aforas de Vigo. Despois de dous anos e varios cambios no grupo, estabilizáronse coa que foi a súa primeira formación estable, e a finais do 2008 editarían a súa primeira demo baixo o título de “Outrage Road” un traballo presentado en diferentes shows o longo de todo o 2009.

Unha vez finalizadas as actuacións programadas no 2009, a banda comezou a traballar no seu novo traballo. Este novo EP publicouse baixo o nome de “Little Bastard” e foi producido, gravado e mesturado por David Estévez, grazas o cal a banda puido atopar o seu propio son, algo que levaban buscando moito tempo e que por fin lograron, un son potente e agresivo, un son propio pero que a vez garda esa esencia de auténtico rock.

http://www.myspace.com/heightshock