Novas

A Tarantela Rabuda presenta o seu primeiro EP "Puro Veleno" o próximo venres 18 no Aturuxo

10 de marzo de 2011

A Tarantela Rabuda (Mestizaxe). Banda formada a finais do 2008, comezando a súa andaina coma dúo, Manel (guitarra e voz) e Alex (teclados e coros). Cun repertorio propio, de temas unicamente en galego, con ritmos que van dende o Ska o Reggae ou da Rumba o Country e letras satírico-velenosas sobre problemas sociais ou da vida cotiá, tocan por tódolos locais do Morrazo e arredores o longo de todo o 2009, para rematar compartindo escenario con "La Pegatina. O proxecto consolidase cando se unen Aitor (caixón), Fran (baixo) e Luis (percusión cubana). O longo de toda a segunda etapa, tocan en diversas salas e festivais, como: TROULA NA BANDA, SAN MARTIÑO, OUTONO FURTIVO, PRIMAVEIRA BAIXO PRESIÓN ADICAM e compartindo escenario na FABRICA DE CHOCOLATE CON "LOS VECINOS DEL CALLEJÓN". Actualmente están presentando o seu primeiro traballo "Puro Veleno”.

http://www.myspace.com/atarantelarabuda