Novas

Cambio de data de "Sempre Ao Lonxe", Mofa e Befa

15 de febreiro de 2011

Cambio de data de "Sempre Ao Lonxe", Mofa e Befa para o domingo 6 de Marzo ás 21h00!!

Sempre ao Lonxe, ou a decadencia étnica.

Nos últimos 15 anos da ciencia impugnou para sempre a idea ou o preconcepto do século XIX que afirmaba que so seres humanos pertencen a razas diferentes. A fala de sensibilidade de estes científicos destruíu ás ilusións raciais de millóns de persoas que se crían superiores, inferiores ou simplemente distintas de outras. A superstición racial é unha parte fundamental da nosa cultura, á mesma altura que a superstición amorosa ou relixiosa. A crenza da existencia das razas provocou algunha guerra, o turismo sexual, ás ONGs, os tablaos flamencos, as casas de fados, os filmes de Fu-man-chu, a samba…

MOFA & BEFA, sempre atentos ás necesidades espirituais do seu público, decidiu votarlle o dente a esta suculenta cuestión. Sempre ao Lonxe é o título do espectáculo resultante. Un título cheo de nostalxia que nos suxire, por un lado, a imposibilidade de estar no sitio adecuado e no momento preciso; e por outro lado, a precavida distancia dende a que solemos observar ós que creemos diferentes de nos.

Elenco: Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Piti Sanz

http://www.excentricas.net/es/