Novas

Maña mércores 24, FUEL FANDANGO no Aturuxo!!

23 de novembro de 2010

Fuel Fandango, un proxecto fresco e innovador ven o Aturuxo a presentarnos un anticipo do seu novo disco. As aparencias en Fuel Fandango enganan. Ale Acosta (produtor e Dj de Mojo Project, 2 nominacións os Premios da Música España 08 e unha nominación a “Productor do ano” nos Latin Grammy 08), coa súa inofensiva guitarra e Nita, a primeira vista pequena e fráxil, son puro lume sobre o escenario. A súa proposta musical é ambiciosa, rica, divertida. O seu fin é o baile, a diversión e para elo, apostan nos seus directos por unha formación de músicos experimentados. Volta de torca para os patróns da fusión sonora. Así é como se presenta o dúo, un proxecto fresco que pretende conquistarnos cunha amalgama rítmica de funk, rock e flamenco en conxunto con bases electrónicas e a distinción dos doces rexistros da súa vocal.

http://fuelfandango.com/ES/

http://www.myspace.com/fuelfandango