Novas

"A TRIBU"gravando disco en directo, hoxe e mañá na nosa sala.

6 de outubro de 2010

Venres, 8 outubro de 2010 • 21:00 h | Música A Tribu (Rock/ Funk/ Hip-hop, Galiza) - GRAVACIÓN DE DISCO EN DIRECTO - VENRES 8 E SÁBADO 9 ás 22h30 5 €

O venres 8 e sábado 9 realizarase no Aturuxo a gravación do disco de "A Tribu". Proxecto eléctrico de Xacobe Martínez Antelo. Unha volta ás raíces. Unha mirada ó rock, ó funk, ó hiphop, ó groove, pero sen esquecer todo este camiño percorrido polo jazz, pola improvisación e pola creación musical colectiva. É unha ocasión de revisitar o Songbook persoal de Xacobe Martínez, así como a oportunidade de adentrarse en novos terreos compositivos. "A Tribu" está formada por Rosolino Marinello e Toño Otero ós saxos, Manuel Cebrián á guitarra eléctrica, Xacobe Martínez Antelo ó baixo eléctrico, David Outumuro ás percusións, Max Gómez á batería e VJ Frondo na vídeocreación. A Tribu traballa nunha proposta arriscada e contundente. Con inmensas doses de improvisación ó servizo dun concepto grupal. Música de raíz e de vangarda a un tempo.

www.xacobemartinezantelo.com