Novas

Arrancamos a tempada de concertos coa Tuna Rastafari o domingo 19 ás 21h00 e co Curso de Danza Africana este sábado 18 ás 11h30!!!

15 de setembro de 2010

Curso Danza Africana

É unha modalidade dirixida a aquelas persoas interesadas no exercicio rítmico, enerxético, e liberador. A súa música é o son máis ancestral; o dos tambores e ofrécelle ao corpo a oportunidade de vibrar e de gozar co movemento.

A danza africana está asociada ao son dos tambores. Ao bailar transformamos a súa música en movemento. “A percusión é unha linguaxe: os instrumentos falan. O ritmo flúe por brazos e pernas, e do interior sae unha enerxía de ánimo ledo que nos axuda a liberar todas as tensións que levamos dentro”.

Calquera persoa pode aprender a bailala, máis para iso precisa coller a conciencia de cada unha das partes do corpo que posuimos. “Saber danzar é en primeiro lugar, e sobre todo, coller conciencia do teu corpo e seres capaz de importe certos movementos, certos acenos, en harmonía cun ritmo musical dado”.

18 de setembro dende ás 11h30 ata ás 13h30. 15 € por curso. Contacta no email: info@aturuxo.net ou nos tlfs: 658 93 75 56 (Cris) ou 679 61 26 55 / 625 91 00 63 (Aturuxo)

A Tuna Rastafari (O Morrazo)

A Tuna Rastafari é unha banda formada no Morrazo por compoñentes de diversas bandas locais que encontraron nesta formación un vínculo e un estilo que os une para disfrutar da música. Comezaron como grupo no ano 2005 con cinco compoñentes, que foron aumentando coa incorporación de novos instrumentos, como son os metais, conformando a banda actual de nove compoñentes. A Tuna Rastafari foi un dos grupos revelación do ano 2009 en Galicia tras tocar en numerosos festivais como a Festa da Prehistoria, Cultura Quente, Reperkusión entre moitos outros. Voltan o Aturuxo despois dunha tempada para volvernos a facer bailar coa súa descarga de enerxía, posta en escena e un comando de xente nova con experiencia.

http://www.myspace.com/atunarastafari