Novas

Este vernes The Woolly Bandits no Aturuxo

2 de xuño de 2010

4 xuño de 2010 • 22:30 h | Música

The Woolly Bandits (Rock, California)

10 € ant. / 12 € taq.

The Woolly Bandits formáronse no 2004 para converterse na resurrección dos Seeds, a mítica banda dos anos 60. No 2005 a banda engade un elemento imprescindible, Christa Collins. En 2008 a banda se redondea coa entrada de Rikki Styxx na batería e John Langdon IV ocupándose de guitarra e teclados. En 2009 firman polo selo Citiation Records e publican o que é o seu último disco ata a data, Women Of Mass Destruction, que se converteu nunha das revelacións da tempada. Agora chegan o noso país para demostrar sobre as táboas todo o que se falou deles nos últimos meses.

http://www.myspace.com/woollybandits