Novas

Supersandwich (funk, Lugo) venres 9 de Abril no Aturuxo ás 22h30

8 de abril de 2010

Supersandwich é unha banda esencialmente de Funky aínda que non teñen problema en mesturar durante os seus directos estilos musicais como o rock, o hip- hop, disco… sempre sen perder a súa esencia e personalidade tan características. A formación esta composta por doce músicos procedentes de moitos estilos musicais diferentes, feito que sin lugar a dudas enriqueceu a orixinalidade e a creatividade que caracterizan a banda. Cancións frescas e orixinais que conseguen mover a xente e difíciles de olvidar, componen o repertorio da banda. Gañadores do primeiro concurso musical “Nsaio no Camiño” con máis de 100 grupos participantes.

http://www.supersandwich.net