aturuxo bar|bueu

Próxima actuación: Venres 5: Django Brothers
 

FOROS: MúSICA NOVA

A Tempo (email) | 26/07/2006 21:01
Música en Lourizán ENTRE LUSCO E FUSCO
Xardín Botánico de Lourizán, Pontevedra. Michael Lauren e FANJAZZ en CONCERTO. 7 de agosto de 2006. 21:30h. Entrada de balde.Lourizan entre Lusco e Fusco é o titulo dos concertos que vanse a celebrar en Lourizan o 27 e 31 de xullo e o 3 e 7 de agosto.

Xoves 27de xullo acturá Orquestra de Cámara A.C Lira...A orquestra de cámara A.C Lira nace no verán do ano 2003 auspiciada pola Asociación Cultural Lira, coa intención de potenciar o coñecemento e a difusión da música clásica, contribuir a formación e promoción de xoves músicos, e quen sabe se como xermolo dunha futura orquestra estabel na cidade de Pontevedra. Actualmente constitúen a orquestra vinte e sete músicos, instrumentistas de corda , todos en periodo de formación, na súa meirante parte alumn@s de Escolas e Conservatorios da provincia de Pontevedra.
Orquestra dirixida por Algirdas Pocius, graduado na Academia Superior de Música de Lituania. Máis de cen concertos como solista en grupos de cámara avalan a súa traxectoria como instrumentista. Dende o ano 1994 vive en España.
Interpretaran:
Concerto Grosso op.6, Nº8 de Arcangelo Correli
Divertimento "Dorfmusikanten" (una broma musical) de W.A. Mozart

Luns 31 de xullo OSCAR IBÁÑEZ GRUPO

Este proxecto pretende analizar dende unha perspectiva moi personal, os rasgos presentes na música galega comúns a outras culturas, catalogadas a priori como moi diferentes a nosa, mediante un mestizaxe musical moi fresco, moderno e innovador.
As diversas viaxes que Oscar Ibáñez ten realizado por diferentes pontos da xeografía europea e americana, influiron decisivamente na maneira de definir unha proposta cultural musical cada vez máis aberta, na que predomina a calidade e a variedade nun producto dirixido a tódolos que saiban apreciar a boa música.
As creacións instrumentais pretenden facer un percorrido polas distintas culturas do litoral atlántico, facendo fincapé fundamentalmente na estreita relación existente entre: Galicia, Portugal e as súas ( noutra hora ) colonias en América do sul, sen esquecer o auténtico son celta ou a música centroeuropea. Deste xeito e utilizando sempre a música galega como fio conductor, neste traballo podremos disfrutar da fusión de : Chôrinhos brasileiros e rumbas galegas, habaneras populares, xotas do norde ou fandangos do sul, polcas e reels irlandenses, ritmos bálcanicos e a composición propia, como un único sentimento, un único son.
Oscar Ibáñez conta cunha ampla variedade de instrumentos que acompañarán a súa gaita e a súa frauta, guitarras ( española, acústica, eléctrica ...), violín, acordeón, baixo eléctrico e un sin fin de percusións galegas e afrocubanas, a cargo de prestixiosos músicos galegos, xuntos no reto de fusionar a música galega con pinceladas latinas e celtas, nunha proposta chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade.
Oscar Ibáñez Grupo son : Oscar Ibáñez ( gaita e frautas ), Carlos Calviño ( guitarras ), Luis Lorenzo ( baixo ), Lucia Martinez ( bateria e percusións), Fernando Fraga ( acordeón ).

Xoves 3 de agosto : Trío Arpía
Trío ARPÍA de Violín, Viola e Arpa formado por Isabel Abril, Paula Oanes e Alfonso Franco podemoloconsiderar a cabalo entre a música clásica e folk. 0s velloos temas procedentes da mais pura tradición son redescubertos dentro dunha estética clásica conseguindo un resultado musical atractivo para públicos moi dispares.
No seu repertorio, ainda que baseado na música clásica e a tradicional, se dan tambén cita composicions propias e de outros autores como Antón Seoane o Daniel Sisto. Non faltan tampouco as adaptacions de B.S.O. e temas da música New Age.

Alborada de Redondela trad. Galicia
Marcha del Corpus de Pontevedra trad. Galicia
Sol de Outono Luar na Lubre
A Bruxa Antón Seoane
Carballesa Trad.Galicia
si Beg si Morh Trad. Irlanda



Luns 7 de agosto Fanjazz e Michael Lauren. Michael Lauren ensinou no Drummers Collective de Nova York desde 1977.
Tocou com Chuck Berry, Robert Kraft, Paul Anka, Charles own, Jerry Jemmott e moitos outros e para un grande número de producións de Broadway e de gravacións en estúdios de Nova York (albums, jingles).
È autor dos livros “Welcome To Odd Times: An Approach to Mental and Manual Dexterity in Odd Meters for the Drumset” e “The Encyclopedia of Double Bass Drumming”, “Unserstanding Rhythm: A Guide To Reading Music”
Especializou-se en Funk, odd meters, en jazz, leitura de Big-Band e técnica de bateria.
FANJAZZ está formado por Carlos Calviño (guitarra), Roberto Somoza (saxofón), Daniel Batán (baixo). Tres músicos galegos xunto a Michael Lauren, grande intérprete e profesor. http://www.escolaatempo.com a.tempo@wanadoo.es
  • Música en Lourizán ENTRE LUSCO E FUSCO (A Tempo)