Lino (email) |
04/11/2004 17:37
Necesito información sobre os convenios de Aldán e Massó
Hola!
Son un rapaz de Aldán (Cangas) que estou terminando a carreira de
Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela. Neste último
curso teño que sacar adiante un traballo sobre urbanismo para a
asignatura de "Socioloxía e planificación Urbana", que imparte o profesor
Luís Arribas. Á hora de elixir un tema non tiven moito que pensar, pois os
convenios que se aprobaron co consentimento do alcalde están á orde do
día. Falo dos convenios de MASSÓ e de ALDÁN (este último é o que máis
me interesa, porque afecta directamente á miña parroquia).
Acudín en varias ocasións ó axuntamento para pedir información sobre ás
obras que se teñen proxectado para os próximos anos, poñendo especial
interese nas futuras urbanizacións de Aldán e de Massó, pero NINGUÉN me
axudou en nada. A pesar do que xa se viña advertindo cada día na edición
Morrazo do Faro de Vigo, decidín probar sorte e preguntar polo PXOM.
Evidentemente, non me deixaron consultalo.
Sei que o Foro Social pola Defensa do Pobo está a facer unha labor moi
importante no que respecta á información da xente sobre as recalificacións
do solo e sobre os convenios que firmaron PP e PSOE, pero como eu vivo
en Compostela durante o curso (septembro-xuño) non puiden asistir a
ningunha das súas reunións.
O que pretendo con este mail é solicitar axuda
para conseguir información para o meu traballo. Así poderei traer á
universidade o debate sobre os intereses urbanísticos creados no
concello de Cangas e dar a coñecer a (posibles) futuros alcaldes como NON se debe
actuar ante situacións como estas. Tamén quixera poñerme en contacto co
Foro Social para a Defensa do Pobo coa intención de que se me facilite
información sobre todas as infraccións que se están comentendo con
estes convenios. Estiven buscando na rede algún nº de telefóno co cal
poñerme en contacto, pero no o atopei.
SOS! Só me queda un mes para elaborar o traballo!
-
Necesito información sobre os convenios de Aldán e Massó (Lino)