aturuxo bar|bueu

Hoxe: João Gentil e Luís Formiga
 

FOROS: MEDIO AMBIENTE

verónica | 16/02/2007 09:05
campionato nacional de caza do raposo
O pasado domingo 4 de febreiro xa houbo unha concentración contra a celebración da IV Copa de España de Caza do Raposo. ADEGA apoiou esta concentración en contra do lamentábel espectáculo da caza como concurso. Non pode haber unha caza responsábel se do que se trata é de ver quen mata máis raposos. Por desgraza, e malia a masiva resposta cidadá contra esta barbarie, a organización deste "campionato" segue adiante, polo que se fai preciso un cambio de estratexia. O Colectivo Cívico "MATAR POR MATAR, NON" realizará on día 18 de febreiro, data do "campionato" diversos actos pacíficos para atrancar e amolar o desenvolvemento do macabro evento.

As actividades consistirán en realizar unha "espantada" de animais, é dicir, os activistas e voluntari@s dos grupos ecoloxistas, xunto a particulares e membros doutros colectivos solidarios, estaremos dende moi cedo no lugar da cacería para escorrentar aos raposos e salvalos dunha morte segura. Facendo ruido con elementos de percusión trataremos de impedir pacíficamente que os cazadores maten aos animais e concienciar á sociedade da indignidade destes masacres. Realizaremos tamén unha vixianza para comprobar que non se caza nas zonas de seguridade (estradas, pistas, inmediacións de lugares habitados, etc.).

Haberá transporte dende diversas cidades (ver abaixo). Ao chegar ao Carballiño (sobre ás 10 h) un enlace acercaravos até o punto de acción no monte. Ás 13 h concentrarémonos para protestar fronte ao restaurante onde se congregarán os cazadores logo da matanza.

Organiza: Colectivo Cívico "MATAR POR MATAR, NON!"
Apoian: ADEGA, Amigos da Terra, Coto do Frade, Equanimal, Outeiro, Ridimoas, Sociedade Galega de Historia Natural, e Verdegaia


Para participar nos actos organizados polo Colectivo Cívico "MATAR POR MATAR, NON!" será preciso asinar un documento declarando asumir persoalmente a responsabilidade de tomar parte nas actividades. Descarrégao eiquí: Ficha de inscrición RAPOSO

Haberá buses dende Lugo, Compostela, Ourense, Vigo e Madrid, entre outros lugares.
Contactos:
A Coruña: ADEGA-Coruña (679 721687)
Lugo: ADEGA-Lugo (982 240299)
Compostela: ADEGA (981 570099)
Ourense: Amigos da Terra (988 374318 )
O Carballiño: ADEGA-O Carballiño (687 958161)
Vigo: Equanimal (986 492136)
Madrid: Equanimal (90102945)

O prezo do bus dende Compostela (organiza ADEGA) é de 10 € para os non socio@s e 6 para soci@s de ADEGA. Quedaremos ás 8:15 fronte á estación de autobuses (Praza de Camilo Díaz Valiño). Traer material de facer ruido, bocata, pancartas, etc.

visita a páxina de adega