aturuxo bar|bueu

Hoxe: João Gentil e Luís Formiga
 

FOROS: MEDIO AMBIENTE

Miguel | 02/06/2004 17:22
Morrazo con Europa
Si, é que con europa as cousas melloraron moitísimo medioambientalmente, vaia palabrón!, i é que sólo se queda niso, nun palabrón, estou ata o .... , fan portos pra atracar os yates dos millonarios, e as ampliacións das obras actuais varían e rompen con todo o equilibrio natural da costa, a vía rápida faise a motoserra e adios a mínima fauna do morrazo, so quedaba que dunha vez por todas o Prestige reventara en mil pedazos, gustaríame ler enton o informe de impacto ambiental e ainda que seguro partiríame de risa, de seguro non me sorprendería. Eu non vin o proxecto da vía rápida, e que fai falla velo? de verdade que estamos tan cegos, acaso non sae xente das facultades con moitísima cultura e boísimos expedientes pra facer ese tipo de traballos sen que pareza que houbo unha catastrofe de tipo xeolóxica producida por un meteoro cando aterriza a unha velocidade altísima, que non hai cartos!!, claro, os hai pra os concertos e pra as bodas, en fin.
E diran, e que nas encostas, estadísticas, etc sae que o problema principal neste país é o terrorismo, e despois o paro, e despois....etc. É, no entorno no cal convivimos, pra min, o problema principal neste pais, pobo, nación, recuncho ou como lle queirades chamar, e en todolos lares, e para todalas clases sociais, ainda que as mais altas non o recoñezan,e que mentres pensan que o seu nivel de vida aumenta, a sua calidade baixa, e por riba, mais rápido do que un cree, non ten mais voltas. Convido a paciencia é a reflexión. Deica logo
  • Morrazo con Europa (Miguel)