aturuxo bar|bueu

Hoxe: “Cocktail máxico” Mago Cali
 

FOROS: MEDIO AMBIENTE

PESCADOIRA SI | 10/02/2006 20:36
luns as 12 movilización no Concello
para deixar claro que NON queremos para a nosa vila mariñeira un porto deportivo recheando para elo un banco marisqueiro, ademais de apropiarse para beneficio privado de litoral público, por non falar da especulación urbanística que está detrás de todo. Paremos a "marbellización" das nosas costas e pidamos que desenrolen un modelo de turismo sostible para o medio ambiente e que non mengue os recursos pesqueiros nin destrúa as nosas praias. Praia de Pescadoira SI recheos NON. Sobra os motivos para oporse. Para os teñades algúnha dúbida a plataforma de ANDUXÍA repartirá folletos informativos.
Repito, luns as 12 da mañá na praza do concello.