aturuxo bar|bueu

Hoxe: João Gentil e Luís Formiga
 

FOROS: MEDIO AMBIENTE

Miguel | 23/06/2003 20:06
RECICLAXE
Boas...
Falar desta palabra tan singular pode ser socialmente aburrido, pero quero expresar o meu mal estar polo significado global que se pretende inculcar na nosa xente, no noso pobo, e claro está, a efectos reais, a mentira que se está a implantar.

Que pasa coa reciclaxe, esta é mais cara ca producción primaria, ou polo menos en principio, pero non a larga. O único que veso, despois de bastante tempo con esta actividade, son contenedores cheos de vidrio e cartón, que total no recollen, pois non teñen un control da cantidad de residuo recollido, ni que zonas son mais conflictivas, o sea, dalle polo cú, e por qué? pois porque quen se benefician do resultado da mal chamada reciclaxe convenlle para ser eles os benificiarios e non nos, estes son, sobre todo, os empresarios adscritos a ese tipo de concesions de tipo rexional e comarcal, non me extrañaría nada que mais do 50% dos dirixentes destas empresas foran familiares dos cargos de poder do goberno...

Queren reciclaxe, pois que paguen a basura que nós reciclamos, porque dende o momento en que ti reclicas, non so aforras en producción, se non tamen en bens naturais, paixasísticos e culturais.

Un exemplo, non perfecto, por suposto e aplicado noutros lares, é que cando un recicla, danlle un vale por cantidade de envase, ou vidrio reciclado, ese vale é cambiao por productos no supermercado uo tendas de roupa, etc, etc... estos vales son coma cartos pero non son papel moneda.

Con todo isto, supoño que hay moito que falar e moito que facer, o que non se pode, é ter a basura na rúa, e menos un dia coma hoxe, onde os fillos e non tan fillos desta sociedade, que presume tanto de civilizada e moderna presentaselle a oportunidade de plantar lume, romper e pervertir a boa imaxe da palabra reciclaxe.

Deica logo.
  • RECICLAXE (Miguel)