Miguel |
28/04/2003 16:44
Paro bioloxico
Querer sinalar despois do " paro biolóxico " provocado polo prestige un feito imprescindible, o descanso da pesca é fundamental para as nosas rías, o aumento das capturas, sobre todo no polvo, danos unha referencia en si mesma, e fácilmente observable de que o peixes da ría suben polas pedras se a pesca non é tan intensiva, quero que me expliquen se realmente e rentable ca unha persoa gañe 1500 euros nunha semana, porque oubo un paro biolóxico forzado (aparte das axudas economicas anteriores), para despois non gañar, o gañar pouco o resto do ano cando esa aumento das capturas sexa moito menor ou inexistente. A miña opinión é pensar en que os recursos non son ilimitados, pronto veraseque así é, deberíase pensar ca en vez de coller todo o que se poida deberíase coller o racional, pra ter asegurada a captura case que todo o ano, ou polo menos conseguir unha calidad do producto mellor (repercute no aumento do precio e no aumento da competencia cos productos do extranxeiro),non entendo coma despois das axudas polo paro, non se realiza un bo estudio economico da situación. Denuncio a pasividade, co único obxetivo de facer calar, mediante a chantaxe politica e economica a o pobo ( perfectamente legal, non o dudo ), e por riba, conseguir votos ou minimizala resposta cidadan ante a situación recente das nosas costas co metodos mais ca fundamentais, coma o de traballar, e gañalo pan, para procurar unha especie de deuda política cos gobernantes por veres aumentada o noso nivel de vida, pero non a calidade de vida.
Dentro de tanto desorden social e natural, a protección dos recursos e a base pra formar unha calidade de vida mais armónica con todos os que queren vivila vida participando dela, é non estrangulandoa, sabemolo todos, con isto me despido da miña reflexion, espero seguir compartindoas cos que lle importa o medio no que vivimos.
Deica