Miguel |
08/05/2005 13:07
Vai de loros
Hei de recoñecer que un espera as veces cousas que o parecer son obvias, pero so existe o obvio na ingenuidade. O tema do loro é que cada vez atopanse nas casas as típicas xaulas con loros, guacamaios, etc. Primeiro, estes animais son dunha intelixencia abrumadora, polo que a maioría, animais atrapados pola xente sen un chavo, e xente non tan probe, morren antes de entrar nun estado de locura é moito antes da sua esperanza de vida normal, que pode estar, sen ter moita idea dilo, sobre os 40 anos. Insisto, un animal non é un florero, nin un cuadro, hai que interesarse polo seu medio de vida, cales son as súas necesidades, etc, etc. Moitos dos animais tropicais están inscritos nun convenio de colaboración internacional pra regular a súa venda. informadevos. Se fas as cousas parcialmente adecuadas, co tempo, (e non demasiado), comprobaras e aprenderás cousas novas, porque os animais non só serven pra comer, contemplar ou entreter, senon que nos enseñan moitísimas cousas. Deica