aturuxo bar|bueu

Hoxe: João Gentil e Luís Formiga
 

FOROS: MAREA NEGRA

echoufo | 22/12/2002 21:08
Menuda masacre
Bueno Galo, xa ves que eres o tema máis interesado do foro da marea negra. Noraboa por sembra-la polémica, ainda que non teñas nin pizca de razón, e por moito que trates agora de xustificarte con que era unha opinión, a tua mensaxe e un ataque directo, critica ou como a ti non che guste chamala.

Veña, non te enfades, pero un pouco máis de coñecemento no que se di, que para falar de oidas chégannos os periodistas do réximen.

Saudos a tod@s

>[Galo dixo:]
>Onte, o concerto urxente que se organizou para
>recaudar fondos e así poder mercar material co que
>poder axudar a limpar o chapapote, foi todo un
>éxito! ¡A xente respondeu!, e lográronse vender
>máis de 300 entradas, que multiplicadas por 4
>euros, son máis de 1200 euros que se destinarán
>integramente para mercar ese material que tanto
>fai falla. Pero qué pasa cos cartos que fixeron na
>barra?, onde van ir a parar eses cartos?, é que os
>negociantes non poden ser solidarios? Moita xente
>está nas praias voluntaria sen cobrar un duro, é
>incompatible o negocio coa solidaridade? Neste
>gremio do Aturuxo seica sí. A ver si saímos da
>barra e collemos unha pala, soamentes pa saber o
>ben que se queda un axudando ós demais e non
>aproveitándose deles.¡Non se pode encher un lokal
>cun pretesto tan noble, pa facer caixa!