aturuxo bar|bueu

Hoxe: João Gentil e Luís Formiga
 

FOROS: MAREA NEGRA

Galo | 16/12/2002 19:21
Re: Solidaridade sen facer negocio
hola adry,
a ver se nos entendemos...vale?eu saco as conclusións do que ti dis de frases como: "o galo se cree moi solidario...é o máis tacaño de todos"; "o final para quen ivan a ir parar os cartos da barra do aturuxo??para o seu bolsillo claro está"...se despois de frases tan afortunadas como esas eu son o que estou equivocado ...xa me dirás...ainda que comparto contigo ese dito de que rectificar é de sabios...así que ti tamén podes aplicalo a ti mesmo...digo eu!!!
dis que eu interpreto as cousas como me da a gana...é que ti non o fas???nas dúas respostas túas hai moito de libre interpretación...e non sempre estás acertado no que dis...
pero tamén comparto contigo a idea de que non é cuestión de pelexarnos entre nos...e como xa dixen anteriormente eu só din a miña opinión.
e non me xoguedes coas palabras porque a ese xogo tamén sei eu xogar...unha cousa e dar unha "opinión" e outra é "criticar"...moitas veces a confusión non ven de parte do que di as cousas, senon do que as escoita ou as interpreta... eu din unha opinión e ti, e algunhas persoas máis, destes a vosa...coa diferencia de que eu considerei e considero todalas respostas opinións, e ti considerache-las miñas intervencións como críticas... pero xa che digo o erro de apreciación non está en min...
en fin, amigo, que un saudo e espero que esta vez entendas as miñas palabras na sua xusta medida.
saudos, bikos e pertas
e bon nadal pra todos...na medida do posible !!!