Galo |
07/12/2002 22:51
Solidaridade sen facer negocio
Onte, o concerto urxente que se organizou para recaudar fondos e así poder mercar material co que poder axudar a limpar o chapapote, foi todo un éxito! ¡A xente respondeu!, e lográronse vender máis de 300 entradas, que multiplicadas por 4 euros, son máis de 1200 euros que se destinarán integramente para mercar ese material que tanto fai falla. Pero qué pasa cos cartos que fixeron na barra?, onde van ir a parar eses cartos?, é que os negociantes non poden ser solidarios? Moita xente está nas praias voluntaria sen cobrar un duro, é incompatible o negocio coa solidaridade? Neste gremio do Aturuxo seica sí. A ver si saímos da barra e collemos unha pala, soamentes pa saber o ben que se queda un axudando ós demais e non aproveitándose deles.¡Non se pode encher un lokal cun pretesto tan noble, pa facer caixa!
-
Solidaridade sen facer negocio (Galo)