aturuxo bar|bueu

Próxima actuación: Venres 5: Django Brothers
 

FOROS: POLíTICA

Da Ponte (email) | 14/11/2005 13:55
Anarcosindicalismo no seculo XXI:a CNT
O sabado dia 19 as 12:00 da maña na Galeria Sargadelos tera lugar a charla:
"Sindicalismo no seculo XXI: a proposta de CNT"

a cargo de J. Rojo e A. Moragues de CNT Sevilla e coa presencia de Rosa Bassave en representacion da Rexional Galaica da CNT. Repasaranse os casos que teñen levado a F.L. de Sevilla a convertirse nunha das mais activas do estado.

A charla sirve tamen coma presentacion do Nucleo Confederal da CNT de Pontevedra,ademais do nucleo pontevedresa CNT de Pontevedra agrupa afiliados de Marin e Cangas e colabora co nucleo de Vilagarcia. O nucleo agroma coa ilusion de convertirse en sindicato nun periodo corto de tempo e retomar a actividade anarcosindical na cidade do Lerez, despois de moitos anos de aguantar sindicatos amarillistas e vendidos ao mellor postor, a CNT quere converterse nunha verdadeira opcion para a clase traballadora, a opcion anarcosindicalista.

A CNT e un sindicato que non acepta o xogo dos comites de empresa e eleccions sindicais, que non participa no pastel que se reparten UGT, CCOO, CIG, USO, CGT... en forma de subvencion, liberados sindicais, cursos de formacion, etc... A forza da CNT e a union dos seus afiliad@s, a traves das seccions sindicais, da asemblea coma organo decisorio unico para a clase traballadora, onde os afiliad@s ao sindicato deben facer de forza dinamizadora das loitas laborais. Sen profesionais do sindicalismo, sen liberados e sen traballador@s a soldo do sindicato.
Coa Accion Directa e a Solidaridade coma señas de identidade.

E sendo algo mais que un sindicato coma se nos fai entender hoxe os burocratas do sindicalismo; sendo unha escola para a solidaridade e a conciencia da clase traballadora, unha ferramenta para o cambio radical deste mundo de patrons e escravos, de empresarios e asalariados.

cntpontevedra@yahoo.es
tlf. : 678075911