aturuxo bar|bueu

Próxima actuación: Venres 5: Django Brothers
 

FOROS: POLíTICA

pikolo | 27/03/2008 18:33
A Garda Civil tomará os datos aos coches que leven autocolantes GZ
A Garda Civil tomará os datos aos coches que leven autocolantes GZ
[GZnación / Redacción / 26 Mar 08]
A Garda Civil recibiu polo menos un curso de formación no que se relacionaría aos condutores dos automóbiles con autocolantes GZ ou ‘Denantes mortos que escravos’ co ‘Movimiento de Liberación Nacional Gallego’. A plataforma 'Movemento polos Dereitos Civís' tivo acceso a este documento interno da forza de seguridade, o cal foi remitido a este xornal.

Este colectivo asegura que en tales documentos, propios de polo menos un curso de formación interna, relaciónase ‘MOVIMENTO DE LIBERACION NACIONAL GALEGO’ á Coordenadora de Asambleas de Estudantes da USC, a Galiza non se Vende, a PRES.O.S., ou a A Marcha Mundial De Mulleres, entre outros colectivos.

Devandito curso, sempre segundo as informacións facilitadas por este colectivo en defensa das liberdades no noso país, tería sido impartido na provincia de Pontevedra. No mesmo, a Garda Civil tería feito especial fincapé no que consideran “o segundo maior problema de terrorismo do España” e que centran nas siglas ‘MLNG’ (como remitimos, ‘Movimiento de Liberación Nacional Gallego’).

O informe

Na primeira páxina destes documentos de formación para os axentes despregados no territorio de Galiza aparece un autocolante GZ, unha bandeira galega coa estrela vermella no centro ou mesmo o escudo deseñado por Castelao coa frase ‘Denantes mortos que escravos’ como elementos propios dese MLNG. É dicir, que nesta primeira páxina do documento existe, para os ‘investigadores policiais’ unha vinculación real entre a xente que leva nos seus automóbiles estes autocolantes co feito de pertencer a esa entidade á que fan referencia unha e outra vez coo MLNG.

Noutras partes do devandito informe de instrución, a Garda Civil considera campos de actuación do MLNG a colectivos feministas, ecoloxistas, de estudantes, partidos políticos e mesmo sindicatos.

Relación de vinculacións entre o MNLG e colectivos (segundo a GC):

- PRE.S.O.S
- CEIVAR
- AMI,
- BRIGA
- ADIANTE
- COORDINADORA DE ASEMBLEAS DE ESTUDANTES DA USC
- AGIR
- GREI
- EI
- NOS-UP
- FPG
- CUT
- GALIZA NON SE VENDE
- MULLERES NACIONALISTAS GALEGAS
- MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
- FAZENDO MEMORIA HISTÓRICA
- AGRUPACIÓN DE MONTAÑA AUGAS LIMPAS
- ERVA
- QUERCUS
- SCD CONDADO
- A.C. CALEIDOSCOPIO

... entre outras. Ademais, destaca o Movemento polos Dereitos Civís, cada unha das asociacións e colectivos aparece nestes documentos representado cos seus correspondentes logotipos ou sinais de marca para “facilitar o recoñecemento por parte dos axentes”.

Locais sociais e culturais

No que parece ser unha ‘cruzada’ por parte das forzas de seguridade españolas, non se libran de constar nestes documentos centros sociais de toda Galiza. A pregunta é saber por que, que razón teñen os autores deste informe para instrución de axentes no “segundo maior problema de terrorismo en España” para citar centros como a ‘Baiuca vermelha’, ‘O Fresco’ e a ‘Casa da Triga’ de Ponteareas; o ‘Social Cultura Deportiva Condado’, a ‘Santa Sede’ e ‘O noso Eido’ de Salvaterra, ‘o Fervedoiro’ de Cuntis, ‘A Tiradoura’ de Cangas, ‘A Revira’ de Pontevedra, ‘a Revolvía’, A ‘Cova dos Ratos’, o ‘Caleidoscopio’ e a ‘Faísca’ de Vigo e ‘A formiga’ de Redondela.