aturuxo bar|bueu

Próxima actuación: Venres 5: Django Brothers
 

FOROS: POLíTICA

enquisTador | 05/03/2008 11:19
e ti a quen vas votar?
Aquí chega como en cada eleccións a sondaxe máis canalla. Quen conseguirá máis deputados? O PSOE? O P.P? será decisivo o BNG? e IU?, que pasara con UyPD?... a ver como se nos da a porra do foro do atu.

para abrir boca aquí vai a miña:

PSOE. Gañará fácil polo que se ve aínda que sen maiorias. A pregunta agora é facil: con quen pactarán?

P.P. Se había algunha dúbida sobre eles os debates ai si serviron para algo, se o deputado que se quere convertir en presidente carece de discurso, que pasa cos outros- no noso caso está Ana Pastor xddddd.

Bloque: a tendencia que mostran e a subir en votos. Creo que haberá xente que ia votar o psoe para que non gobernara Rajoy,pero ao ver que o pp están perdidos poden cambiar o seu voto para os nacionalistas. Augurolle dous deputados (e ollo con Ourense)

i.u: o seu efecto en vilagarcia ou ferrol poida que non se visualice para unhas eleccións xerais, pero subirán en votos suponse.

e o resto creo que non teñen posibilidades de coller representación en calquera das provincias galegas.

un saúdo e xa sabedes comeza a porra do atu.