debateadicto |
26/02/2008 12:33
Onde estivo Galiza no debate estatal.
A nula referencia a Galiza no debate- iso si para as catastrofes coma os lumes ou o Prestige si que se cita- demostra o pouco que interesa o noso país para os partidos de ámbito estatal. Que si exemplos de cataláns, vascos, andaluces - se ata se falou máis da xente de Murcia xdddd- Creo que isto ben a demostrar ben as claras que a nosa forza en Madrid pasará por que o BNG consiga unha ampla representación para formar goberno con un PSOE que en campaña lanza discursos máis españolistas que outra cousa - si home algún discurso social hai pero o perfil ideolóxico lonxe de ser o da España plural como di ZP vai máis dentro da liña máis españolista dos baróns do PSOE.
E o de Rajoy non ten nome. Para falar de inmigración si que cita a Galiza - por certo sen moito tino ao meu parecer-. De vergoña. Se ata para falar de dependencia lonxe de citar a Galiza, que conta coa maior poboación dependente do Estado, cita a MAdrid. Ah claro esqueciame se era o candidato número 1 por Madrid!
p.d. Que conste que con máis claridade que nunca o meu voto vai ir para o BNG porque para min é a única maneira de que Galiza sexa decisiva na política estatal. E para ver un debate no que o que importe sexa Galiza me vou quedar co que hoxe terán na TVG os tres líderes dos partidos con representación no Parlamento galego. A ver que nos fala de Galiza un tal señor Feijoo- temome que vai ser un disco raiado do que xa dixo Rajoy- e o señor Touriño a ver como se zafa dos ataques que se lle lancen polos incumplimentos en diversas materias levados a cabo polo PSOE de cara a Galiza.
Sen máis ala a opinar e a votar. Bos días e boa sorte
-
Onde estivo Galiza no debate estatal. (debateadicto)