anónimo |
12/03/2007 17:49
Re: Renato Spencer.....Dossier informativo
>[anónimo dixo:]
>Aturuxo venres 9 marzo 22.30hrs
>
>
>
>
>
>
>
>
> Renato Spencer (Brasil). En Recife estudou no
>Conservatório Pernambucano de Música e Percusión
>con Erasto Vasconcelos. Formou parte de varios
>grupos: Forró no Chão (música popular do nordeste
>de Brasil de carácter rural), MPB Unicap (urbano:
>bossanova, chorinho, samba, samba-reggae). Funda
>así mesmo o grupo de títeres Alegria do Molengo,
>con quen realiza unha xira pola Galiza e o Norte
>de Portugal no ano 1990. No 2002, co seu regreso
>a Vigo, actúa con varias formacións en festivais
>e pubs, realizando co grupo galego NA VIRADA a
>xira de presentación do cd Rolada das Cantigas no
>2003/04.
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>No 2005 forma o grupo CAFÉ CAXAÇA, onde se atopan
>músicos brasileiros e galegos para agasallarnos
>cunha mestura repleta de variados e cálidos
>ritmos e sonoridades. A enerxía do Renato Spencer
>como vocalista e a súa alegría no escenario fan
>que cada concerto se convirta nunha festa da boa
>música. A formación complétana artistas da talla
>de María Comesaña (voz e percusión), Paco Chapela
>(Bateria), Edu Areal (Baixo), , e Peter
>(Percusión).
> A ideia do espectáculo que Renato Spencer & Café
>Caxaça nos propoñen é a de amosar unha faciana da
>variada cultura musical, centrada nos ritmos do
>Brasil e que representan un ponto de encontro e
>de fusión das culturas europeas, indíxenas e
>africanas. Dese fermento xorde a identidade
>cultural e musical brasileira na que se pode
>apreciar a tradición e a modernidade, o culto e o
>popular, o rural e o urbano. Partindo deste
>principio, poderemos desfrutar de temas de
>bossa-nova, samba, forró ou baião, de autores
>como Caetano Veloso, Chico Buarque, Gilberto Gil,
>Alceu Valença, e tamén reivindicando a nova
>xeración de músicos formada por figuras como
>Chico César, Lenine, Marisa Monte, Zeca Baleiro
>ou Carlinhos Brown, entre outros.
Ese é algo de Bud Spencer?