aturuxo bar|bueu

 

FOROS: ACTUACIóNS

anónimo | 08/03/2007 20:56
Renato Spencer.....Dossier informativo
Aturuxo venres 9 marzo 22.30hrs



Renato Spencer (Brasil). En Recife estudou no Conservatório Pernambucano de Música e Percusión con Erasto Vasconcelos. Formou parte de varios grupos: Forró no Chão (música popular do nordeste de Brasil de carácter rural), MPB Unicap (urbano: bossanova, chorinho, samba, samba-reggae). Funda así mesmo o grupo de títeres Alegria do Molengo, con quen realiza unha xira pola Galiza e o Norte de Portugal no ano 1990. No 2002, co seu regreso a Vigo, actúa con varias formacións en festivais e pubs, realizando co grupo galego NA VIRADA a xira de presentación do cd Rolada das Cantigas no 2003/04.

No 2005 forma o grupo CAFÉ CAXAÇA, onde se atopan músicos brasileiros e galegos para agasallarnos cunha mestura repleta de variados e cálidos ritmos e sonoridades. A enerxía do Renato Spencer como vocalista e a súa alegría no escenario fan que cada concerto se convirta nunha festa da boa música. A formación complétana artistas da talla de María Comesaña (voz e percusión), Paco Chapela (Bateria), Edu Areal (Baixo), , e Peter (Percusión).
A ideia do espectáculo que Renato Spencer & Café Caxaça nos propoñen é a de amosar unha faciana da variada cultura musical, centrada nos ritmos do Brasil e que representan un ponto de encontro e de fusión das culturas europeas, indíxenas e africanas. Dese fermento xorde a identidade cultural e musical brasileira na que se pode apreciar a tradición e a modernidade, o culto e o popular, o rural e o urbano. Partindo deste principio, poderemos desfrutar de temas de bossa-nova, samba, forró ou baião, de autores como Caetano Veloso, Chico Buarque, Gilberto Gil, Alceu Valença, e tamén reivindicando a nova xeración de músicos formada por figuras como Chico César, Lenine, Marisa Monte, Zeca Baleiro ou Carlinhos Brown, entre outros.