Manolo (email) |
10/10/2004 20:26
Re: dond estan o grupazo maxximum destruçao
Alédame ver que a estas alturas aínda se lle teña tan alta consideración a Maxximum D. Pero home, imaxínome que alguén txe diría xa que o grupo pasóu á historia haberá uns tres anos (+/-). Realmente, os involucrados no proxecto non nos demos conta de ata onde chegáramos ata tempo despois de desfeito o grupo. Polo visto había maketas rulando por Barna, por Madrid, por Euskadi, temas en rekopilatas de distribución en todo o estado..., descubrimos que o traballo tivo unha repercusión sorprendente para como nós o vivíamos.
O grupo, sen embargo non chegóu a morrer de todo. Por un lado, a fin do grupo supuxo a marcha do baixista, Brutus (que se uníu ós vigueses Kalashnikov) e do DJ, Xavi, agora con En Buenas Manos. O resto dos membros, Kobra, Xako e Gonxxo buscaron un baixista novo e fundaron Tes O As, grupo co cal deron varios concertos (incluído no Atu) e gravaron catro temas.
Non hai moito, vin no Aturuxo un anuncio na parede no cal se buscaba un baixista para "montar un grupo de hardcore", asinado polos ex-membros de Maxximum. Dende akí deséxolles a Xaco, Kobra e a Gonxxo toda a sorte do mundo no novo proxecto que preparan. Adiante!!!