aturuxo bar|bueu

 

FOROS: ACTUACIóNS

taractrum | 11/08/2006 09:32
III Festival en Presqueiras (Soutelo de Montes)
Impresionante festa que montan nesta parroquia mesturando a música tradicional para o deleite da maioría dos parroquianos e o rockunroll para quen lle guste tamén.

Dende o grupo TIRO NA TESTA queremos darlle as gracias a esta parroquia por ser, todavía sen ir alí, unha das más preocupadas por que esteamos a gusto de todas as que nos atopamos nos nosos case 10 anos de actividade musical. Entre as cousas que nos ofreceron están: Cena "á carta" se non gostabamos das empanadas e o churrasco (que pouco nos coñecen!!!), viño, cerveza, cubalibres e licor café a encher e as bebidas especiais que pidamos (pedimos auga), unha casa con camas para descansar e un vagón de tren á sombra a carón dunha piscina fluvial con Sillóns, TV, DVD, PlayStation, batería, amplificadore se instrumentos para pasar a tarde tra-las probas de Son. Á, e balón de futbol, campo e patxanga para manternos en forma. De verdade, tras tantos días apagando lumes e que a un o traten con todas esas cousas fan que pague a pena esto de ter un grupete de ruido. Graciñas.