aturuxo bar|bueu

 

FOROS: ACTUACIóNS

retrouso (email) | 03/07/2006 18:46
CHANSCONTRO, SÁBADO 8 EN CELA CON SACHADIÇO E ARDENTÍA
Chans encherase de xogos e música este sábado, 8 de xullo. A Asociación Cultural Retrouso prepara para esta data o Chanscontro, unha xornada de convivencia que rematará ben entrada a noite, despois de celebrarse a V edición do Festival Retrouso.

As actividades empezarán ás 11 da mañá. Ás 12 empezará A Busca do Tesouro, un enredo no que, mediante pistas, han ter que atopar tres tesouros nas inmediacións. Pola tarde haberá outros campionatos con premios: carreiras de sacos, dos tres pés, a culler e a pataca, a cachiza, a ra, a chave… Tamén se ha recuperar, adaptada, a tradicional Corrida do Ghalo, un evento que se celebraba hai máis de medio século na parroquia o día de san Xosé.

Ás 21 horas dará comezo o V Festival Retrouso. Actuarán os organizadores, seguidos doutros dous grupos de baile tradicional: o do CEAR de Castromao (Mondariz) e Ledicias de Valadares. Arredor das 22.30 h. será o tempo da música folk, primeiro da man do quinteto do Hío Sachadiço e, por último, o recoñecido grupo Ardentía de Vigo.
  • CHANSCONTRO, SÁBADO 8 EN CELA CON SACHADIÇO E ARDENTÍA (retrouso)