aturuxo bar|bueu

 

FOROS: ACTUACIóNS

rafa (email) | 27/05/2002 20:13
para calqueiro,o retrógado
¿Como se pode ser roqueiro e ter ideas tan retrógadas? Eu son Policía Local é non me considero represor de ninguén nin de nada. Levo una arma e un uniforme porque é o meu medio de vida. Os que me coñecen de verdade non opinan coma ti. Non sabía ler e xa escoitaba o Some Girls dos Stones, o R'n'R animal de Lou Reed ou o Powerage de AC/DC, mentres ti escoitabas Parchís. Cando ti fumache-lo teu primeiro porro, a min xa me morreran varios amigos por culpa da heroína. Por certo, ¿salvaches a alguén de morrer algunha vez na túa vida?,¿viches algunavez a un ionki que quere meter o seu bebé no forno porque chora moito e estalle a molestar? Eu sí, traballando de Policía. Así somos os roqueiros de agora. Así de chulos. Espero que te guste a nosa próxima actuación no Aturuxo. Un saúdo, calqueiro. E se ves por Vilagarcía e necesitas algo, pregunta por min.
  • para calqueiro,o retrógado (rafa)