C.S. A Formiga (email) |
18/04/2006 14:20
IMPORTANTE
Centro Social A Formiga – A Formiga, Redondela – | a 10 min. de Vigo / 20 do Morrazo |
Un lugar completamente aberto
Optimistamente, un grupo de persoas afrontamos unha aventura que aparentemente non ten riscos. Pero en realidade, un risco moi grande: perder a oportunidade de ter oportunidades.
Quizais non nos interesa isto de ver ou facer cousas, aprender, informarse e toda a multitude de posibilidades que nos pode ofrecer un Centro Social activo, comprometido, coherente e con xente ilusionada.
Quizais solo nos interesa queixarnos cando estamos na barra do bar, cómodamente... iso sí, si queda tempo despois da interesante conversación sobre futbol que previamente nos amenizou unhas cantas horas no choio co compañeiro de turno. E sí, temos todo o dereito a facer iso e moito máis, pero logo non nos queixemos do sistema, nin falemos de manipulación, etc, etc, etc.
Perder a oportunidade de ter oportunidades non é unha cousa pouco importante, solo hai que ver os lugares a onde podemos acudir onde non nos dan soamente e soamente o que quere o poder, o sistema, ou como lle queiramos chamar a ese monstruo que nos atrapa na súa irrealidade, na súa rutina e na súa desinformación. Lugares onde estar perfectamente mansiños e controladiños.
Quizais non nos interesa acudir a unha actividade que (aparentemente) non sexa de ocio, non sexa de divertimento,...que aia que moverse do noso sillón.
Quizais teñamos a contundente razón de que o lugar é moi lonxe, aínda que teñamos coche, ou cartos para un autobus (que locura!!) que o hai. Vale, a comodidade á que estamos acostumbrados nos di que si, é algo lonxe, pero a realidade nos volve a poñer en evidencia cando, non poucas veces, recorremos kilómetros e kilometros, imos a un lugar e logo a outro e si non hai a outro máis...para pillar os nosos petas ou o que sexa ¡e non podemos pasar moito tempo sen conseguilo! Outra vez volvo a decir que co tempo de cada un, cada un fai o que quere ¡ pero ostias, non nos volvamos a queixar!
En fin, todo isto é certo e o normal sería que nós non fixeramos nada.
Quizais hai outra xente que xa pasa de intentalo porque é máis lista ca nos.
Quizais por iso non hai nada.
Quizais deberíamos mirar o noso propio embigo e preguntarnos porqué non hai nada.
Quizais deberiamos conformarnos co que nos da o poder.
Se nos rendimos completamente a el ¿porque non rendimos tamen as nosas palabras?
...e polo contrario ¿porque non nos animamos a algo diferente? ¿porque non utilizamos a nosa creatividade? ¿porque non nos ilusionamos con coñecer, compartir, ensinar,...?
Anímate, aqui temos un lugar onde informarnos, aprender, charlar, ver, escoitar, ler, divertirnos, reírnos, gozar da natureza, tomar algo tranquilamente,... sin prexuizos, sen etiquetas, sen límites.
Toda a información sobre a programación do C.S., funcionamento, a casiña, como chegar, tenda alternativa, biblioteca, días de apertura, apuntarse, propostas, info, etc en
www.csaformiga.tk
Escríbenos a csaformiga@yahoo.es
Colectivos, asociacións, centros sociais, etc... agradeceriamos o voso contacto para a organización de actividades, conferencias, talleres, xornadas, concertos, etc. Gracias!
-
IMPORTANTE :: novo Centro Social | www.aformiga.tk (C.S. A Formiga)