Xulián (email) |
10/12/2002 09:49
Concerto benéfico(venres 20 en Moaña)
Hola moi boas, xa levamos unhas semanas montando isto e por fin está todo cerrado. Vai ser un concerto en beneficio ós afectados pola marea negra e voluntarios. Desde un principio quixose facer con grupos de Moaña xa que solo de esta maneira viría peña neste pueblo de mierda, pero fallaron a maioría dos grupos quedando así o cartel:
SKACHA(punk-rock)
XOLDA!(punk)
NENO(neu-metal)
FARRAPO DE GHAITAX(punk-jandallada)
EXTREMIDADEX PELIJROSAS(punk-jarkor melódico)
-CAFÉ-TEATRO DO REAL(MOAÑA)ás 21:30 SUPERPUNTUAL! aportación:3 solidarios EUROS. 30 minutos cada grupo. Quen queira ir a dar unha charla ou o que queira, encantados. Tentaremos abrir ás 20:30-21 h.
O que se vai facer é levar un equipo de grabación, cuias persoas que o levan cobrarán un máis que mínimo e grabarán o concerto, editando despois o Kolectivo Máis alá do sementerio e todo quen queira o cd cos cartos que sobren, si sobran. Despois venderase a un baixo prezo(cd+libreto informativo+(probablemente)pis ta de video do concerto e testimonios dos afectados e voluntarios)e todo o que se saque de ahí irá destinado máis que seguramente ó colectivo Luita Verde, xa que eles saben mellor que nós que facer cos cartos e son máis que de confianza.
Con isto pretendemos denunciar e informar desta situación e aportar o noso/voso pequeno grano de area económicamente para esta desgracia.
Se tes algunha proposta para este concerto ou edición do cd non tes máis que desirnolo.
Por favor sé puntual e acude para denunciar de novo isto, sacar cartos que van a dar un beneficio constante(venta de cd's), e pasalo un pouco ben que pa carrexar e encherse de chapapote xa sobra tempo. Graciñas.
-
Concerto benéfico(venres 20 en Moaña) (Xulián)