aturuxo bar|bueu

 

FOROS: ACTUACIóNS

leiro (email) | 21/02/2008 19:27
Proximos concerto no ATuruxo
VENRES 22 FEB 22.30HRS 5EUR
MR. DIXIE JAZZ BAND (Dixieland, Jazz Tradicional / A Coruña)

Banda de estilo netamente Dixieland Chicago (30-40). Jazz de Raíces Afroamericanas; depurado por músicos brancos con unha técnica superior neses anos, pero sen o matíz nen o sentimento negro. Foron poucos os músicos brancos que por aqueles tempos igualaron ese sentimento: La Original Dixielend Jazz Band , na cal destacaba a corneta de Nick LaRocca e o clarinete de Larry Shields foi a primeira Banda de Jazz en grabar; pouco tempo despois o gran Bix Beiderbecke, seguidor de Louis Armstrong.

O Dixieland baséase na trompeta, cantando a melodía; o clarinete e o trombón acompañándoa arriba e abaixo; a súa vez o piano ou ben a guitarra acústica, como neste caso, respaldando os ventos na parte armónica a hora da improvisación. A rítmica acompaña a guitarra, con moito peso, sendo a tuba e a percusión os encargados de levar o pulso; o conxunto dos tres forman a base rítmica e armónica. É por iso que esta banda de jazz, única na Galiza, se caracteriza por traballar este estilo que sería imposible de executar sen ese sentimento característico

A formación:

www.myspace.com/mrdixiejazzban d

www.mrdixie.es





DOMINGO 24 FEB 21.30HRS 5EUR
TRANSILVANIANS (Horror, Reggae, Ska, Galiza)

A banda fórmase en Vigo a finais do ano 2004, con membros procedentes doutros grupos de diversos estilos musicais: Dakidarria, Skacha, Siniestro Total, Os Resentidos, Skarnio, Frangos... Devotos confesos da música tradicional Xamaicana móvense entre estilos como o Ska, Rocksteady ou o Reggae, sen deixar de lado outras influencias máis Soul, R&B, Surf, etc. Isto unido á súa paixón polo xénero de terror, a serie B e a ciencia-ficción conforman unha proposta cando menos orixinal. Xunto ás composicións propias, temas de The Skatalites, Desmond Dekker, Phyllis Dillon, The Wailers ou John Holt... conforman o repertorio habitual dos seus concertos. No ano 2006, entraron nos estudios Muu! de Vigo a gravar de forma totalmente analóxica (como antano) cinco cancións que sairon editadas no nadal de ese mesmo ano en formato CD e EP polo selo El Ejecutor Records. Actualmente preparan o seu proximo disco, que esperan gravar para o proximo ano 2008. ALMU JANEIRO - VOZ XABI/CRIS - TECLAS, VOCES. JAVIER SOTO - GUITARRA, VOCES PEDRO DIAZ - GUITARRA & REVERB TINO LOPEZ - BAIXO, VOCES ANTONIO “TOÑETE” RODRIGUEZ - TROMBÓN, VOCES. GDJAZZ - TROMPETA JAVI “CROSSROAD” - SAXO TENOR KINO - BATERÍA, VOCES

http://www.transilvanians.com< /a> www.myspace.com/transilvanians













VENRES 29 FEB 22.30HRS 4EUR

VICTOR MARIÑAS (C. AUTOR, EXTREMADURA)

Autor das súas propias cancións, leva actuando máis de 15 anos entre Madrid e a súa Extremadura natal. No 92 gañou o concurso de Canción de Autor de Extremadura e 2 anos máis tarde, editou o seu primeiro traballo discográfico, que foi unha adaptación musical dos Sonetos de Amor de Antonio Gala, que alcanzou gran éxito en 1997. Actualmente exerce como mestre de guitarra e linguaxe musical en Extremadura. Nunca deixou de compoñer e interpretar os seus temas. Agora presentános o seu último traballo, editado por Factoría de Autor e titulado “Óyeme”

Concerto apoiado por Artistas En Ruta.