aturuxo bar|bueu

 

FOROS: ACTUACIóNS

Jota (email) | 20/11/2002 18:42
Crítica de concertos
Mois boas, son Jota, asíduo dos concertos do Aturuxo e gustaríame aproveitar o foro para facer unha pequena crítica dos últimos concertos do Atu. A saber:
- 20/10/02 Edu Big Hands.- É un vello coñecido do Aturuxo. Sempre dá gusto volver a velo. Gran concerto.
- 27/10/02 A viñalar.- Pois qué dicir deles. Xa se sabía o que traían. Non chegaron a pasar de divertidos (e botafumeiros) Quédome con aquilo de: "el hijo de la infanta se llama Forrest Gump". Do resto, pouco ou case nada (aínda que tamén o deixaron ben claro, ou sexa que, nada que reprocharlles)
- 03/11/02 Groovefathers.- Recoñezolles o esforzo sobre o escenario. Bo concerto en liñas xerais, aínda que non descubriron nada novo. Quedan a anos luz de xente como Alcohol Jazz (éstes sí que o gozaban enriba do escenario). Iso si, o do final do concerto foi imperdoable.
- 17/11/02 Korrosiva & Farrapo de ghaitax.- Con non ser o meu estilo de música preferido, recoñezo o gran espectáculo que montaron a xente de Korrosiva. Un concerto currado. Da xente de Farrapo de Ghaitax leveime unha grata sorpresa. Espero poder velos máis a miúdo e ver a súa evolución.

Ala, aí queda iso. A partir de agora espero facer as miñas críticas con máis regularidade para darlle un pouco de vidilla ó foro. Se alguén se sinte ofendido ou quere comentar a xogada, vémonos no Atu tódolos días a iso das nove e media. Saúde. JOTA