aturuxo bar|bueu

 

FOROS: ACTUACIóNS

troula na banda | 04/07/2007 18:21
Re: TROULA NA BANDA 07 VENRES 27 DE XULLO
A Asociación Troula Na Banda peresenta a sexta edición do festival que recibe o mesmo nome. Este ano celebrarase a derradeira semana de xullo, o venres 27 e o sabado 28 para ser máis concretos, a partires das 22:00, na pista da Banda do Rio de Bueu. Este ano continúase coa aposta de ampliar as actuacións a duos días, reservando a sábado para a Troula Ob-session, cunha serie de actuacións dun carácter moi cercano o público, sen escenarios e vallas que os separen, provocando unha reflexión en torno a perda dos dereitos dos artistas para expresarse nas rúas públicas.

O festival Troula Na Banda, o venres 27 de xullo, contará coa presenza de alto Voltaje, como banda local, SOAK, unhas das bandas de maior personalidade e experiencia de Galicia, e Karamelo Santo, banda arxentina cunha gran sona internacional. Deste xeito o folisofía da asociación continua manténdose, convinando a experiencia de duas bandas que levan máis de quince anos de contundentes directos, e apoiando as bandas noveis contando con Alto Voltaje.

Karamelo Santo chega a península para participar en dous festivais, xa que tamén o disfrutarán en Barcelona. Sentímonos moi orgullosos de poder contar cunha banda de tanto calado internacional, polo que temos unha gran ilusión na sexta edición do noso festival.

O festival e a Troula Ob-session teñen coma obxectivo a troula, manteñando a gratuituidade como bandeira, e a defensa da cultura e as tradicións coma obxectivos. Estamos realmente orgullosos da nosa andaina e apoio a cultura, e temos como máxima a TROULA SEMPRE.


Asociacion Troula na Banda.

www.troulanabanda.info
www.fotolog.com/troulanabanda< /a>
http://troulanabanda.blogspot. com


Local Social: Alexandre
Boveda, 2 Baixo - Banda do Rio 36930-BUEU (Pontevedra)
Aberto venres, sabado e domingo.

Comentarios pagina: webmaster@troulanabanda.info
Informacion: troulanabanda@gmail.info ------- info@troulanabanda.info
Socios: trouleiro@troulanabanda.info