unha interesada |
19/05/2007 03:02
alegales este proximo domingo
ALEGALES, é o resultado dunha noite de inverno sentado a carón dunha pequena estufa de leña e dun barril de bo albariño.
Despois dunha larga, dura e tensa negociación, barallando as múltiples e individuais aficións músicosexuais de cada membro do grupo, e tras varias xarras daquel licor digno dun emperador romano, comenzamos a divagar nas nosas proezas cirquense- musicais tales como:
Alguén decía facer un FolkiCeltaRappAfrovisigodo, logo anotouse que sería máis acertado un JazzFusion Carpetobetónico, e as xarras seguían caíndo; o último foi un SkaMedieval en Italiano, e a cousa como que non.
Naquel preciso instante desde un rincón daquel escuro antro tras a tenúe luz dunha vela surxeu unha voz con certo tono aguardentoso:
“FAREDES MÚSICA DE CORPO PRESENTE”
De súpeto unha forte luz invadeu aquela oscura bodega, tras ela emerxeu unha cálida imaxe que desprendía un tono de bondade, un semitono de dulzura e un sostenido rostro anxelical. Sobre a súa cabeza unha brilante e resplandeciente aureola non deixaba mirar nin tamaño nin cor do seu cabelo, pero:
¡ O recoñecemos, era ÉL,! “O MAESTRO”
Atómitos e cegos por aquela luz, xeonllo en terra, izamos as nosas copas e brindamos “LARGA VIDA O REI” “DEUS GARDE A SÚA MAXESTADE JORGE I DE ASTURIAS”
De novo fíxose soar aquela antiga voz aguardentosa que exclamou:
Moziños lembrade sempre unha cousa:
MAIS VALES UN ASTURIANO VERSIONADO QUE CENTO DOS TEUS PROPIOS DESAFINADO.
Así comenzou a coller forma o noso pequeno santuario, no mal ríndese culto o inmaculado e excelentísimo S. JORGE M*.. A raíz desta inusual aparición decidimos nunca máis celebrar o día de Sta. Cecilia, nen identificarnos cos seus intelectos feligreses.
Isto é ALEGALES simplemente un exercicio de arrogancia pensado para vos e lembrade unha frase que un día dixo un bo tipo:
“Sin vosotros, no hay cantante ni canción.
ALEGALES; cómponse de:
-un que canta
-outro que toca a batería
-aquel guitarra
-e ese baixo.
E todo aquel que se sepa os temas e venere o MAESTRO JORGE MARTÍNEZ*
*JORGE MARTÍNEZ vocalista do grupo asturiano LOS ILEGALES.
-
alegales este proximo domingo (unha interesada)