Adri |
27/01/2005 17:00
Re: Domingo soak+defecto optico
Boas;
Despois de ler semellante barullo sintome "obrigado" a escribir algo. Entre outras cousas porque me sinto aludido cando nombran o meu grupo. Dar as gracias a quen sexa o que escribiu o mensaxe polo apoyo, e dicirche que estamos nun momento de "reflexion" e busqueda un pouco do que queremos facer co grupo,coo tema do cantante e iso...
En canto o tema de discusion; creo que esta ben facer criticas, sempre sirven para mellorar, pero hai formas e formas de dicilo. Podese facer unha critica constructiva sen ter que faltar a ningun grupo nin estilo musicale seguro que conseguimos mais que se vamos faltando e de mal rollo.
Ademais creo que é mellor que estes rapaces se animen a tocar, ainda que fagan un estilo que non te mole, pero que fagan algo pola musica. A moita xente non lle gustara os grupos de Punk e a outros non lle molara os q fan Metal ou Pop-rock, pero o final todo é musica feita por persoas q ocupan moitas oras do seu tempo libre para poder sair por ahi a tocar. E creo que deberiamos axudarnos e entre todos tentar mellorar tanto a escena musical como cada grupo ou musico en concreto.
E todo isto poderia levarnos a unha situacion un tanto ideal pero que seria a mellor; unha situacion na q os pocuos grupos q haixa, tanto en Bueu como no resto do Morrazo, se apoien, organicen cousas xuntos e toquen todo o que poidan.
Xa non ai oportunidades nin sitios donde tocar, como para poñernos a tirar pedras uns contra os outros.
Nada mais, animo a todolos grupos que empezan, que levan tempo e os que estan por vir.
Xuntos podemos acadar mais cousas que indo cada un a sua bola.
Saudos¡
Adri