aturuxo bar|bueu

Próxima actuación: Venres 5: Django Brothers
 

FOROS: XERAL

fost | 17/03/2007 15:57
cando deus creou o mundo
Contan que cando Deus creou o mundo, para que os homes e mulleres prosperasen decidiu concederlles dúas virtudes. Así fixo:
-Aos suízos fíxoos ordenados e cumpridores da Lei.
-Aos ingleses fíxoos persistentes e estudosos.
-Aos xaponeses fíxoos traballadores e pacientes.
-Aos italianos alegres e románticos.
-Aos franceses fíxoos cultos e refinados.

E cando chegou aos galegos, volveuse cara ao anxo que tomaba nota e díxolle:
"Os galegos e as galegas van a ser intelixentes, boas persoas e do Partido Popular" Cando acabou de crear o mundo, o anxo díxolle a Deus:
"Señor, dechelle a tódolos pobos dúas virtudes e aos galegos tres. Isto fará que prevalezan sobre tódolos demais" "Anda!!, pois é verdade!!, mais como as virtudes divinas non se poden quitar, os galegos terán tres, pero a mesma persoa non poderá ter máis de dúas virtudes á vez"
E así foi:
- O galego que é boa persoa e do Partido Popular, non pode ser intelixente.
- O que é intelixente e do Partido Popular, non pode ser boa persoa.
- E o que é intelixente e boa persoa, non pode ser do Partido Popular"
  • cando deus creou o mundo (fost)