Da Ponte (email) |
12/12/2006 02:33
Reestrea de documental da CNT Pontevedra xoves 14
A CNT de Pontevedra reestrea o documental
“Outro Futuro: Pedimos a Palabra”.
O xoves día 14 as 20:00 no teatro Principal de Pontevedra teremos a oportunidade de asistir a reestrea do documental “Outro Futuro: pedimos a palabra” do director Richard Prost. Trata a historia da Confederación Nacional do Traballo o sindicato revolucionario mais importante da historia; o documental, esta dividido en duas partes dende a fundacion ata o ano 36 e unha segunda que trata as circunstancias da revolucion social do 36, a guerra civil e o exilio.
A CNT de Pontevedra remata así as suas primeiras xornadas libertarias, cunha oportunidade realmente unica de ver este documental excepcional producido polo propio sindicato no exilio e que mostra unha vision da guerra civil voluntariamente ignorado pola historia oficial e mostrado aquí coas suas grandezas e miserias, alonxandose dunha vision gloriosa e dando o punto de vista real dunha xeracion de loitadores.
A historia da CNT e a historia do anarquismo e o sindicalismo na Peninsula Iberica, dende o seculo XIX na que as ideas libertarias e a 1ª Internacional chegaran, levando a moitos españois e portugueses a loita (na revolución mexicana por exemplo) pero tamén a propaganda e a autorganización. En 1910 moitas sociedades de resistencia e pequenos sindicatos deciden crear unha sociedade de apoio mutuo en todo o territorio federandose de abaixo arriba e creando a Confederación. Dende ese momento a CNT foi a forma de organización sindical que acadou as 8 horas diarias na folga de “La Canadiense”, que protagonizou o maior progreso entre os obreiros, a creacion de ateneos, escolas racionalistas como sen ir mais lonxe a escola Germinal da Coruña que contaba, cando publicamente foi quemada polos falangistas naa praza de Maria Pita, con mais de 10000 volumes, e asi por toda a xeografia da peninsula apareceron miles de sindicatos e ateneos que permtiron a toma de conciencia da clase traballadora. No documental unha vella cenetista di: “No ateneo, despois do traballo, aprendiamos a leer e escribir, ali liamos os franceses: Hugo, Zola, Balzac”.
A chegada do golpe de estado do exercito, obligou o pobo organizado a levantarse en armas, asi a CNT fixo fracasar o golpe en Cataluña asaltando os cuarteis e comisarias e comezando a ignorada Revolucion Social, a praxis revolucionaria que os anarquistas do mundo estiveran buscando dende sempre, aquela que se ensaiou en Francia, Mexico, Rusia, Ucrania… eliminouse o goberno, socializouse a industria e os obreiros por primeira vez foron donos do seu destino e dos froitos do seu traballo, en Aragón a terra foi devolta os seus donos, os traballadores do campo, organizados en colectividades. Durante dous anos se respirou a liberdade ainda que tamen a a loita da fronte dunha guerra que ninguen quixo que o pobo gañara, nin os “aliados” europeos nin Rusia; o exterminio español foi o campo de probas da 2ª Guerra Mundial, onde a CNT tivo que seguir loitando seis anos mais, ata a liberacion de Paris onde a Columna Terra e Liberdade formada por obreiros da CNT entraron antes que calquer division do exercito aliado.
E de novo europa deu de costas a Peninsula, onde permanecian os dous unicos reximenes fascista, e que seguiron por 40 anos, onde a CNT seguiu loitando nos montes e nas cidades, a guerrilla e os intentos de asasinar a cabeza do rexime o General Franco.
Todo esto e moito mais mostra o documental Outro Futuro: Pedimos a Palabra, coas entrevistas a moitos dos que protagonizaron esta Historia.
Pedimos a Palabra os que cen veces perdemos pero nunca fomos vencidos.
http://www.cnt.es/fal/BICEL12/ 14.htm
http://www.cnt.es/fal/BICEL12/ 1.htm
http://www.k-films.f[...]autre futur.html
-
Reestrea de documental da CNT Pontevedra xoves 14 (Da Ponte)