seguimos a loita |
29/11/2006 21:59
carabana pola defensa do litoral
O próximo sábado, marchamos:
Monteferro – Cangas
CARAVANA EN DEFENSA DO LITORAL
Mobilízate contra as agresións á nosa ría
Colle a bici, ou prepara o coche con carteis
e motivos alusivos ó mar.
Ven o sábado 2 á Praia de Patos ás 10 da mañá.
Unha Caravana de coches e bicicletas que sairá de Patos para percorrer todo o litoral da Ría ata Cangas. A Caravana en defensa do litoral.
Temos previsto chegar a Cangas sobre as 14 horas. Alí, no Salgueirón, teremos un xantar popular de homenaxe e solidariedade cos compañeiros e compañeiras de Cangas, porque veñen de cumprir un ano de resistencia, evitando, coa súa presencia diaria, a entrada dos camións para facer un recheo.
Máis información na nosa páxina xeb
http://www.salvemosm[...]rro@h otmail.com
onde tamén poderás descubrir os 15 puntos negros da Ría de Vigo.
-
carabana pola defensa do litoral (seguimos a loita)