aturuxo bar|bueu

Próxima actuación: Venres 5: Django Brothers
 

FOROS: XERAL

PEQUE | 03/04/2002 20:53
praias de Bueu
Gustaríame aproveitar este foro, para ver en que medida todos nós estamos dispostos a facer algo en forma de protesta, a raíz do acontecido na praia de Pescadoira, e o que se ve vir tamén na praia de Beluso.
A todos, estos feitos nos parecen un atentado medioambiental grave. Ademáis este tema está en boca de todos (incluso da prensa); sen embargo non hai unha forza que proteste por isto de maneira conxunta. Non sei si é que xa non vemos remedio ou que quizais nos deixamos estar por non compricarnos a vida. Pero estaría ben montar algo; coma cando foi dos touros, porque aínda que ó final se fixo a corrida, á xente se lle fixo pensar sobre o tema, e iso foi algo importante.